PRIMARIAS ABERTAS 2019

 

PRIMARIAS ABERTAS DE BETANZOS NOVO 2019

monecos votando imagesBETANZOS NOVO realiza as súas primarias, participa con nós en cambiar Betanzos:

Do 01 ao 15: Presentación Candidaturas

Sábado 23: Votación en urna de 11:00h. a 14:00h. Escrutinio e publicación de resultados electorais.

 

 


 

Candidatura presentada ás primarias abertas de Betanzos Novo

1. Hipólito Pérez Novo

HIPOLITO PEREZ NOVO

Licenciado en Dereito.

Especialista en Urbanismo.

 

2. INMA MACEIRAS TEIJO

INMA MACEIRAS TEIJO

Licenciada en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela.

Licenciada en Psico-pedagoxía pola Universidade da Coruña.

3. ARTURO CASAS VALES

ARTURO CASAS VALES

Profesor da Universidade de Santiago de Compostela.

4. PATRICIA TEIJEIRO BARGE

PATRICIA TEIJEIRO BARGE

Auxiliar Administrativa

Residente e namorada do Casco Antigo.

Membro de varias asociacións de defensa da Zona Vella.

5. XOSE VALES FERNANDEZ 

XOSE VALES FERNANDEZ

Técnico en Aministración e Xestión Contable.

Auxiliar Procesador de Alimentos.

Deportista de Alto Nivel.

6. XABIER DOPORTO SANTOS

XABIER DOPORTO SANTOS

Licenciado en Económicas pola Universidade da Coruña

 


 

Modelo de Inscripción de Candidatura ás eleccións Primarias de Betanzos Novo  nas eleccións municipais 2019

Candidatura a Primarias


 

Regulamento das Eleccións Primarias para a candidatura de Betanzos Novo nas eleccións municipais de 2019

Bases Primarias 2019

1.- Quen pode votar nas eleccións primarias?

Poden participar como electores con dereito a voto as persoas maiores de 16 anos que sexan veciñas de Betanzos e compartan os principios políticos de Betanzos Novo.

Así mesmo, poden participar as persoas adheridas e as colaboradoras con Betanzos Novo, aínda que non residan no termo municipal.

2.- Quen pode participar como candidato nas eleccións primarias?

Poden participar como candidatas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Ser elixible segundo a lexislación electoral vixente.

  2. Ser veciña de Betanzos ou estar adherida a Betanzos Novo.

  3. Comprometerse a cumprir o programa electoral e o código ético de Betanzos Novo.

  4. E formar parte dunha lista electoral presentada de acordo co disposto neste Regulanento.

Non poderán participar como candidatas as persoas cuxa traxectoria política non resulte coherente cos principios políticos e valores éticos de Betanzos Novo, ou que ocupen cargos directivos noutras organizacións políticas.

3.- Comisión de Garantías Electorais.

É o órgano independente encargado de garantir a limpeza do proceso de eleccións primarias.

Estará formado por tres persoas elixidas pola Asemblea de Betanzos Novo. Os membros desta Comisión non poden ser candidatos nas eleccións primarias.

As funcións da Comisión de Garantías son:

  1. Velar polo cumprimento deste Regulamento.

  2. Velar pola limpeza do proceso electoral e a igualdade de oportunidades para todas as candidaturas.

  3. Garantir a emisión do voto libre, secreto e directo das persoas inscritas no censo electoral.

  4. Velar pola limpeza das votacións, realizar o escrutinio dos votos e proclamar os resultados da votación.

  5. Resolver as incidencias que podan presentarse durante o proceso de eleccións primarias.

Contra as decisións da Comisión de Garantías Electorais calquera dos candidatos que encabezan unha lista electoral pode presentar recurso no prazo improrrogable de 24 horas. O recurso será resolto pola Comisión de Garantías, logo de escoitar aos candidatos que encabezan o resto das listas electorales.

4.- Fases do proceso de primarias.

As eleccións primarias desenvolveranse nas seguintes fases:

  • A primeira fase consistirá na presentación e proclamación das candidaturas.

  • A segunda fase consistirá na campaña electoral.

  • A terceira fase consistirá na votación e proclamación das persoas que conformarán os primeiros postos da lista electoral.

  • A quinta e última fase consistirá na elección do resto das persoas que completarán a lista electoral.

O calendario electoral será o seguinte:

  • 1 ao 15 de marzo: prazo para presentar candidaturas.

  • 16 de marzo: proclamación de candidaturas admitidas.

  • 16 e 17 de marzo: prazo para presentar reclamacións ante o Comité Electoral

  • 18 de marzo: resolución das reclamacións polo Comité Electoral.

  • 18 ao 22 de marzo: campaña electoral

  • 23 de marzo: votación e proclamación dos candidatos electos

  • 23 e 24 de marzo: prazo para presentar reclamacións ante o Comité Electoral

  • 25 de marzo: resolución das reclamacións polo Comité Electoral

5.- Presentación e proclamación de candidaturas.

Abrirase un prazo de 15 días para que podan presentarse as candidaturas para participar nas eleccións primarias, entregando o formulario debidamente cumprimentado acompañado do aval de catro persoas adheridas a Betanzos Novo.

Cada candidatura estará formada por unha lista de persoas candidatas, do seguinte modo:

  • Unha persoa candidata á encabezar a lista electoral (aspirante á alcaldía).

  • Un mínimo de cinco persoas candidatas a ocupar os postos seguintes na lista electoral (aspirantes ao goberno municipal)

As persoas que integran a lista electoral deben aparecer ordenadas cumprindo a regra de paridade de xénero.

A Comisión de Garantías decidirá sobre a admisión das candidaturas presentadas, podendo acordar a exclusión daquelas persoas candidatas que non cumpran os requisitos establecidos neste Regulamento.

6.- Campaña electoral.

Betanzos Novo reservará no seu portal web e nas súas redes sociais un espazo para que as listas electorais podan publicar as súas mensaxes. En todo caso, prohíbese a todas as persoas candidatas os gastos de campaña e a distribución de propaganda electoral.

7.- Votación.

A votación realizaranse de modo presencial en furna para garantir a emisión do voto de modo persoal, libre, secreto e directo.

Para acreditar a condición de veciña de Betanzos será suficiente con exhibir o seu DNI ou calquera outro documento que o xustifique suficientemente a xuízo do Comité Electoral.

Cada elector emitirá o seu voto marcando na papeleta unha lista electoral á que outorga o seu voto.

8.- Proclamación das persoas candidatas elixidas.

Proclamarase candidata á alcaldía a persoa que encabece a lista electoral que obtivo o maior número de votos.

Os postos 2º a 6º serán distribuídos entre as listas electorais en proporción directa ao número de votos obtidos por cada lista (sistema proporcional puro).

En todo caso, quedarán excluídas do reparto aquelas listas electorais que non obtivesen, como mínimo, o 15 por 100 do número total de votos validamente emitidos.

Dentro de cada lista electoral, as persoas candidatas quedarán ordenadas en función do posto que ocupen na lista electoral.

En todo caso, a lista resultante da votación deberá corrixirse para cumprir o establecido na lexislación electoral, de forma que no conxunto da lista os candidatos de cada un dos sexos supoñan como mínimo o 40%.

9.- Elección do resto das persoas candidatas.

O resto das persoas que completarán a lista electoral de Betanzos Novo para as eleccións municipais de 2019 serán elixidas pola Asemblea de Betanzos Novo.

A lista definitiva queda suxeita a posibles acordos e alianzas que se acaden con outras organizacións políticas afíns, coa aprobación da Asemblea de Betanzos Novo.

[bbp-forum-index]

Top