Xuntanza de Iniciativas Municipalistas

When:
enero 17, 2015 @ 11:00 am – 12:00 pm
2015-01-17T11:00:00+01:00
2015-01-17T12:00:00+01:00
Where:
Salón Azúl - Liceo
Praza Irmáns García Naveira
Betanzos, A Coruña
España
Cost:
Free
Contact:
Xuntanza de Iniciativas Municipalistas @ Salón Azúl - Liceo  | Betanzos | Galicia | España
Estimados compañeiros,
Dende Betanzos Novo estimamos que é importante que as iniciativas municipalistas que están a xurdir por todo o pais e que perseguen a construcción dun proceso de confluencia liderado pola cidadanía capáz de recuperar as institucións nas próximas eleccións e impulsar o cambio político e social, poidan coñecerse e poñer en común a súa experiencia e os seus puntos de vista neste intre de cambio político.
Nas bisbarras das Mariñas de Betanzos e A Coruña, as diferentes plataformas cidadás tamén estan a coller polo. Por ilo, temos a ben realizar unha Xornada de Reflexión entre todos nós o vindeiro día 17 de xaneiro de 2015, no salón azul do Liceo de Betanzos ás 11:00 horas, na cal nos gostaría contar coa vosa presencia.Os puntos a tratar son abertos de xeito que se poidan ampliar os temas a tratar de acordo ás peticións dos presentes, aínda que en principio propoñemos falar de:
1.- Exposición da situación actual das Iniciativas Municipalistas en cada Concello
2.- Propostas de colaboración entre as distintas Iniciativas Municipalistas
3.- Outros Asuntos
Recibide un cordial saúdo e nos vemos o vindeiro sábado.
Betanzos Novo

 

Te gusta? Compártelo!