Porqué votamos Sí ?: O Orzamento de Betanzos recolle as propostas de Betanzos Novo

2016-04 BETANZOS NOVO ABRIL16

BETANZOS NOVO VOTA FAVORABLEMENTE Á APROBACIÓN DOS ORZAMENTOS.

BN elaborou un paquete con 32 propostas para mellorar o proxecto inicial de orzamentos que presentou o goberno municipal. 

Por TRANSPARENCIA, as nosas propostas foron publicadas na nosa páxina web e na prensa local “Betanzos e comarca”. Calquera pode consultalas.

Estas 32 propostas están baseadas no noso programa electoral que obtivo o apoio de máis de 1.000 veciñas e veciños, nas iniciativas políticas do noso grupo municipal que obtiveron a aprobación do Pleno municipal (moitas delas por unanimidade) e ademais outras propostas que nos achegaron durante estes meses distintas asociacións e colectivos sociais.

A finalidade última das nosas 32 propostas é contribuír ao ben común e a mellora da calidade de vida para todas as persoas que habitamos en Betanzos.

Estas propostas lle foron trasladadas ao goberno municipal para que as tivese en conta á hora de presentar os orzamentos ante o Pleno, se quería contar co noso apoio.

Os principais obxectivos das nosas propostas para os orzamentos de 2016 son:

  • Defender os dereitos das persoas e unha vida digna para todas
  • Fomentar o emprego e impulsar unha economía con xustiza social e ambiental
  • Promover a rehabilitación do casco histórico e o cambio do modelo urbanístico
  • Promover a cultura e o deporte
  • Modernizar a Administración e poñela ao servizo da xente
  • Impulsar a participación cidadá e a transparencia

Unha vez analizados os orzamentos, atopamos que se recollen a práctica totalidade das nosas propostas, sendo un punto de inflexión para tratar de mellorar a situación da nosa vila.

Unha análise pormenorizada das mesmas se atopa no seguinte documento:

2016-04 BN Vota Si Aos Orzamentos

Te gusta? Compártelo!