Orzamentos: 32 propostas para Betanzos

2016-04 BETANZOS NOVO ABRIL16Dende Betanzos Novo temos a intención de mudar a nosa vila cun proxecto alternativo ao dos que construíron Betanzos ao longo de todos este anos.

Por ilo, o noso proxecto é constructivo de xeito que sempre teremos unha alternativa de como facer as cousas ante a falta de ideas e de capacidade de xestión do PSOE.

Os orzamentos son un dos documentos que enmarcan a construcción do día a día e do proxecto de cidade dunha vila. Por iso, é importante ter propostas para incluir nos mesmos que sirvan aos intereses de toda a cidadanía e procuren mellorar o benestar de todos e todas. Aportamos 32 propostas, baseadas no noso programa electoral e nas achegas de diferentes colectivos e asociacións cos que nos reunimos no último ano,  que cremos que inexcusablemente deberían ir incluídas no orzamento a presentar no pleno do Concello para poder mudar un pouco a deriva de estancamento na que está inmersa a nosa vila.

2016-04 BETANZOS NOVO ABRIL16

Te gusta? Compártelo!