O PXOM do PSOE é rexeitado polo pleno de Betanzos

Onte día 15 de marzo o pleno do Concello de Betanzos rexietou o Plan Xeral de Ordenación Municipal elaborado polo goberno municipal do PSOE.

Estas son as nosas razóns para o rexeitamento.

2016-02 BN Presentación PXOM portadaBETANZOS NOVO REXEITA O PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE BETANZOS ELABORADO POLO GOBERNO MUNICIPAL DO PSOE

1º Porque prevé un modelo urbano obsoleto e fracasado que está baseado esencialmente na expansión urbana e a nova edificación.

  • 7.879 vivendas existentes para unha poboación de 13.202 habitantes
  • O Plan ten capacidade para 4.018 novas vivendas (aumento superior ao 50%)
  • Prevé a transformación urbanística de 724.300m2 de solo urbanizable e de 214.200m2 de solo urbano non consolidado
  • Reclasifica solo rústico e núcleos rurais para crear un novo núcleo urbano en Montellos-Infesta (Distrito 2).

2º Porque é un modelo de crecemento desproporcionado e innecesario

  • Betanzos perde poboación. De 13.680 habitantes en 2009 pasou a 13.202 en 2015.
  • 1.986 vivendas baleiras e sen uso (máis do 25% das vivendas existentes)
  • En 20 anos non se executaron ningún dos 5 sectores de solo urbanizable residencial previstos no planeamento municipal

3º Porque é un modelo insostible social e ambientalmente que renuncia á rehabilitación urbana do Casco Histórico e dos barrios máis vulnerables –A Ribeira, A Magdalena-Condomiña e A Ponte Vella-Os Remedios- e aumenta a ocupación de solo e a pegada ecolóxica.

  • 2.740 vivendas anteriores a 1950 (42% das existentes)
  • No período 2000/14 só foron rehabilitadas 76 vivendas
  • No período 2000/14 foron demolidas 102 vivendas
  • O plan prevé investir 0 euros na rehabilitación urbana

4º.- Porque é un modelo inviable economicamente dado que o concello de Betanzos carece dos medios técnicos necesarios e os propietarios de solo non teñen capacidade para financiar a urbanización.

  • Custe estimado das actuacións previstas no plan: 51,7 millóns de euros (sen contar os custes de edificación)
  • Promocións inmobiliarias actualmente paralizadas por causa da crise, con capacidade para 400 novas vivendas

5º Porque non resolve o problema de acceso á vivenda especialmente agravado coa crise económica.

  • 1.010 persoas en paro rexistrado
  • 0m2 de solo destinado a vivenda pública para aluguer
  • Só se prevén 256 vivendas protexidas (6% do total de novas vivendas)

6º Porque facilita a privatización de espazos públicos.

  • Recalifica para uso residencial lucrativo as zonas verdes e o equipamento público que foron obxecto da concesión administrativa “Complejo San Roque”,
  • Recalifica para uso residencial (VPO) as instalacións da Feira Nova,
  • Elimina as zonas verdes previstas no camiño da Veiga
  • Recalifica como equipamento a actual praza pública Uxío Novoneira
  • Recalifica parte dos terreos do sistema ferroviario para edificar 8.000m2 (4 plantas) destinados a usos lucrativos (comerciais e hoteleiros)
  • O novo e maior equipamento público (23.793m2) prevé situalo lonxe da cidade, en Tiobre
  • A zona inundable do Pasatempo -actualmente utilizada como aparcamento público gratuíto e para a celebración de eventos que precisan grande espazo- será destinada a edificación residencial

7º Porque prevé urbanizar terreos que na actualidade están en estado natural, situados dentro da área de alto risco de inundación afectada polo Plan de xestión de riscos de inundación, nas inmediacións da Rede Natura 2000, nos que concorren altos valores paisaxísticos, naturais, ecolóxicos e agronómicos merecedores de protección. É o caso dos polígonos P-8 no camiño de Caraña, P-10 na Cañota, e do sector SUD-1 no Frade.

Zonas de alto risco de inundación

8º.- Porque incorpora aos polígonos de solo urbano non consolidado a terreos que están actualmente urbanizados e edificados, deixando arbitrariamente as edificacións existentes en situación de fora de ordenación, como é o caso do polígono P-1, na Magdalena.

9º Porque non inclúe no solo rústico de protección agropecuaria aos terreos de alto valor agronómico necesarios para garantir a soberanía alimentaria e a produción hortícola e vitivinícola de acreditada calidade, como é o caso da denominación de orixe Viños da Terra de Betanzos.

AS CLAVES DO NOVO MODELO URBANO PROPOSTO POR BETANZOS NOVO

1º Un novo modelo baseado na rehabilitación da cidade existente e na preservación dos recursos naturais.

  • Impulsar a rehabilitación urbana e a reutilización do patrimonio construído
  • Mellorar a calidade dos espazos públicos e das infraestruturas do ciclo da auga
  • Crear un espazo urbano de excelencia destinado esencialmente a zonas verdes e equipamentos públicos na zona do Carregal-Pasatempo.
  • Preservar o solo rústico e, nomeadamente, as terras agrarias de calidade

2º Un novo modelo ambiental e economicamente sostible:

  • Desclasificar os solos urbanizables (agás ampliación do Polígono Industrial de Piadela)
  • Eliminar a previsión do novo núcleo urbano en Infesta-Montellos.
  • Desclasificar os terreos que actualmente permanecen en estado natural situados en zonas de alto risco de inundación e nos que concorren valores paisaxísticos, ecolóxicos, culturais ou agronómicos.

3º Un hábitat de calidade:

  • No solo urbano consolidado manter a trama urbana existente, a tipoloxía edificatoria característica do contorno e a memoria e sinais de identidade da cidade.
  • Ampliar os ámbitos dos Plans especiais de rehabilitación previstos para o Casco Histórico e para os barrios da Magdalena-A Condomiña e da Ponte Vella-Os Remedios, para garantir a recuperación dos espazos degradados do contorno.
  • Mellorar a calidade da ordenación urbanística do solo urbano non consolidado, nomeadamente os accesos viarios e o impacto paisaxístico.

4º Preservar os recursos naturais.

  • Revisar a delimitación do solo de núcleo rural común.
  • Incluír no solo rústico de protección agropecuaria os terreos de concentración parcelaria e os máis aptos para os cultivos hortícolas e vitivinícolas
  • Establecer normas e medidas de protección para asegurar a conservación, protección e recuperación dos valores e potencialidades do medio rural e prohibir as novas edificacións para usos residenciais ou turísticos e as explotacións mineiras a ceo aberto.
  • Plan de recuperación integral da Ría de Betanzos

5º Control democrático do espazo urbano:

  • Garantir a participación real e efectiva da cidadanía na aprobación do plan.
  • Establecer mecanismos de control, avaliación e seguimento do plan.
  • Garantir o exercicio da disciplina urbanística eficaz, imparcial, obxectiva e
Te gusta? Compártelo!