Mareas e Plataformas Cidadás a prol dunha candidatura galega de unidade popular

Mareas e Plataformas Cidadás a prol dunha candidatura galega de unidade popular

As preto de medio cento de agrupacións que participaron no encontro celebrado no día de onte no Auditorio de Galicia, coincidiron na necesidade de traballar en común por nun proceso aberto e participativo, sen ningún tipo de exclusións, de cara as vindeiras eleccións xerais. Saudaron moi positivamente esta autoconvocatoria

O obxectivo perseguido ao longo do encontro é recadar o éxito acadado nas pasadas eleccións do 24 de maio e non quedar illados en estratexias municipalistas, acordando que as “mareas” deben de dar o paso e traballar por ser un dos piares dos cambios que se están a producir na sociedade.

As candidaturas cidadás aló reunidas consideramos que o importante é poñer en valor o 90% que une a todas as sensibilidades inmersas nestes procesos, apostando pola defensa dos sectores públicos, a creación e cumprimento de códigos éticos, as primarias como método de elección de representantes, a transparencia na xestión, a participación cidadá na toma de decisións e a igualdade entre as persoas.

Creación dun grupo de traballo

Levarase a cabo a creación dun grupo de traballo aberto á participación da xente das plataformas, que comezará a traballar antes do mes de setembro para a preparación de vindeiros encontros, recalcando a necesidade de que as candidaturas nomeen a unha persoa para que participe na xestión.

O debate nas asembleas de base

As diferentes plataformas consideraron que o debate sobre a participación das distintas candidaturas debe darse nas asembleas de cada agrupación, que deberá comunicar ao grupo de traballo as conclusións e a dispoñibilidade de traballar nun espazo en común. Por cuestión de operatividade, considérase o horizonte da primeira semana de setembro como data límite para que se dea o debate nas disintas asembleas de base.

Pola unidade popular

Concordaron en que non debe ser unha candidatura de siglas, senón que, pola contra, as adscricións serán a título individual, no que participen cidadáns de distintas sensibilidades que defendan uns principios mínimos, co obxectivo de crear unha candidatura galega de unidade popular.

Procesos non excluíntes.

Os dous encontros formulados ao longo do mes de agosto, tanto o do día 22 co Encontro Cidadán por unha Marea Galega como o do 23 co Banquete de Conxo 2.0, non son excluíntes ao proceso aberto polas mareas cidadás. Pola contra deben conxugarse, xa que consideramos que o obxectivo perseguido é similar.

Te gusta? Compártelo!