Destitución de Antonio Vázquez evidencia problemas na gobernanza do Concello

2015-08-10 Foto goberno-localBetanzos Novo critica os cambios no goberno municipal efectuados polo PSOE a dous meses da sua constitución.

O cambio na xunta de goberno do Concello de Betanzos publicado no BOP da Coruña no día de hoxe terá como consecuencia o aumento de gasto destinado aos concelleiros do goberno municipal. E isto ao marxe doutras consideracións políticas sobre a decisión adoptada polo alcalde a pouco máis dun mes de constituirse o novo goberno municipal.

Antonio Vázquez, aínda que abandona a xunta de goberno local manten a súa condición de delegado de Urbanismo e Casco Histórico, Infraestruturas e Medio Ambiente, Transportes e Contratación e tamén mantén o soldo por dedicación exclusiva.

Andrés Teijo incorporase agora á xunta de goberno local en substitución de A. Vázquez e pasará a percibir as dietas por asistencia á xunta de goberno local que son: 152,75 euros por cada sesión deliberante, 117,50 euros por sesión decisoria e 94 euros por sesión extraordinaria. O que implicará unha cantidade mensual superior aos 1.000 euros.

No Pleno do 30 de xuño pasado o grupo municipal de BETANZOS NOVO presentou varias emendas coa finalidade de reducir as cantidades a percibir por distintos conceptos que, en termos globais, implicaba un aforro de máis de 100.000 euros durante os catro anos de lexislatura.

Agora esta traerá como consecuencia o aumento do gasto destinado a pagar aos concelleiros do grupo municipal socialista.

BETANZOS NOVO preguntará ao alcalde sobre esta cuestión no próximo Pleno da Corporación Municipal.

Te gusta? Compártelo!