BETANZOS NOVO NON PACTA NIN CON PSOE NIN CON PP

Martes 9 de Xuño de 2015

BETANZOS NOVO, plataforma cidadán para impulsar o cambio político democrático en Betanzos, quere saír ao paso das manifestacións de distintos responsables políticos locais recollidas por diferentes medios de comunicación.

Nos últimos días esta formación política ven sendo protagonista da política local motivada polo medo que amosan os partidos da vella política, aos que se lle suma agora CxG, pola entrada con forza no Concello dunha nova alternativa democrática que non está disposta a pactar nin apoiar aos seus candidatos.

BETANZOS NOVO non se reuníu co grupo municipal do PP, pero sí recibiu e atendeu chamadas de militantes do PP aos que se lles fixo saber que BETANZOS NOVO non fará pactos de goberno co PP nin co PSOE e non apoiará outro candidato que non sexa de Betanzos Novo.

BETANZOS NOVO tamén acudiu á reunión convocada polo alcalde en funcións do PSOE ao que se lle volveu manifestar que BETANZOS novo non fará pactos de goberno co PSOE nin co PP e non apoirará a outro candidato que non sexa de Betanzos Novo.

Co resto das forzas políticas tamén se mantiveron conversas nas que se lles informou do falado nos mesmos termos.

BETANZOS NOVO reitera, por enésima vez, que seguimos reafirmándonos en que non apoiaremos a investidura dos candidatos do PSOE nin do PP, nin participaremos en ningún proceso de negociación, pacto ou acordo de goberno co PSOE nin co PP, que representan as vellas políticas que levaron á decadencia de Betanzos e que son incompatibles co proxecto de Betanzos Novo.

Te gusta? Compártelo!