Moción sobre o PXOM

Betanzos Novo lembra que o Goberno local leva vinte anos de intento de aprobar un plan xeral

Critica o incumprimento de ter o borrador do PXOM e o estudo do casco histórico no 2018

Betanzos Novo vai presentar dúas mocións no próximo pleno nas que destaca os incumprimentos ano tras anos do Goberno local do PSOE. Nunha das mocións lembra que o Executivo leva “máis de vinte anos intentando tramitar un plan xeral de ordenación” e despois de que unha proposta fose rexeitada unánimemente pola oposición lembra que o Goberno se comprometiu a presentar un borrador do plan, ahora que xa se contratou outro equipo redactor, antes de finalizar 2018, e “non se cumpriu”. Suliña ademais que también se comprometeu a elaborar un plan de rexeneración integral do casco histórico e revisar o plan especial de protección, para o que encargou un estudo que debía estar entregado en 2018, e Betanzos Novo non sabe nada del. Por iso esixe na moción unha copia do borrador do plan e dos estudos do plan especial.

2019-02 Moción sobre o PXOM

Ver a nova en La Opinión 

 

Te gusta? Compártelo!