Moción sobre Medidas Fronte as Inuncacións

Foto Casa do Concello de BetanzosUnha parte importante dos terreos baixos da cidade de Betanzos (A Ribeira, O Pasatempo, O Carregal, A Galera, O Xuncaliño e outros) están incluídos dentro das áreas de risco potencial significativo de inundacións (ARPSI) delimitadas polo Plan de xestión de riscos de inundación da demarcación hidrográfica Galiza-Costa, aprobado por R.D. 19/2016, do 15 de xaneiro.
Cada ano veñen repetíndose as inundacións especialmente nos momentos de mareas vivas que poden ser aínda máis importantes se coinciden con episodios de intensas choivas e de enchentes dos ríos.
Ante esta problemática as distintas administracións públicas amosaron a súa desidia e incompetencia: nin Augas de Galicia, nin a Demarcación de Costas do Estado, nin o Concello de Betanzos se ocuparon con seriedade do problema.

Desde Betanzos Novo propoñemos inicial a planificación para encarar o problema cunha medidas mínimas de cumpliemento municipal e extramuniciapal.

2016-05 Moción de Medidas Contra as Inundacións

Te gusta? Compártelo!