¿Qué é Betanzos Novo ?

BetanzosNovo2_598x600 Tal e como se expresa nos principios políticos do noso grupo, Betanzos Novo é unha Plataforma Cidadá con catro puntos básicos:

– Democratización do Concello e o deseño do Betanzos que queremos

– Defender os dereitos básicos e conquerir unha vida digna para todos os Betanceiros.

– Impulsar unha economía con xustiza social e ambiental

– Xestionar o urbanismo a favor da maioría social

Para ilo nos organizamos dun xeito aberto:

– A participación será de persoas, nunca de grupos organizados

– Non se dependerá de ningún partido político

– A Asemblea Cidadán será quen tome en última instancia as decisións.

Na Asemblea Cidadá celebrada o pasado día 10 de febreiro de 2015, aprobáronse os principais documentos de funciomanento de Betanzos Novo, tras tres meses de apertura á cidadanía para a aportación de ideas.

Estes documentos pódense consultar na nosa páxina web, tanto os Principios Políticos, como os Organizativos así como as Bases para a confección do programa electoral e o Código Etico e as Bases do Proceso de celebración das Primarias Abertas.

A maiores decideuse a presentación ás eleccións municipais a traverso dun partido instrumental así como a posibilidade de concurrir en coalición con forzas que defendan os mesmos principios Políticos que Betanzos Novo.