PRINCIPIOS ORGANIZATIVOS

PRINCIPIOS ORGANIZATIVOS

1. BETANZOS NOVO promove a participación directa e a capacidade de proposta de todos os cidadáns nos procesos de toma de decisións que afecten de maneira relevante a esta iniciativa cidadán, recorrendo a todas as ferramentas presenciais e telemáticas que podan ampliar e garantir a participación política democrática.

Este proxecto político debe ser construído polos cidadáns, de abaixo a arriba, con horizontalidade, con fraternidade e con total transparencia.

En todo caso, a participación en BETANZOS NOVO será sempre a título persoal e baixo o principio de igualdade política (unha persoa, un voto).

2. BETANZOS NOVO é unha plataforma cidadán de unidade popular que toma as súas decisións con plena autonomía, sen depender de ningún partido político.

3. A Asemblea Cidadán é o máximo órgano de decisión de BETANZOS NOVO. Estará aberta á participación, con voz e voto, de todas as persoas maiores de 16 anos que compartan os principios básicos de BETANZOS NOVO.

4. O Grupo de Traballo e o órgano de acción de BETANZOS NOVO, encargado de convocar e preparar as sesións da Asemblea, de elaborar propostas que serán sometidos á decisión última da Asemblea, de executar os acordos adoptados pola Asemblea e desenvolver as demais tarefas que lle sexan encomendadas especificamente pola Asemblea.

Calquera persoa que participe na Asemblea poderá integrarse voluntariamente no grupo.

O Grupo de Traballo poderá elixir, entre os seus membros, un ou varios portavoces para un asunto determinado, encargados da relación cos medios de comunicación e coas organizacións políticas e sociais e das tarefas que se lles encomenden, sen poder de decisión ningún. Os nomeados deberán dar conta das súas xestións en cada reunión.

5. A Asemblea poderá decidir en calquera momento a creación de novos grupos de traballo para preparar ou informar sobre determinados asuntos.

6. Os acordos serán adoptados preferentemente por consenso. Se transcorrido un tempo razoable non é posible acadar o consenso, o acordo será adoptado por maioría simple de votos favorables, isto é, cando os votos a favor da proposta de acordo son máis que os votos en contra.

Non poderán adoptarse acordos sobre asuntos non incluídos na orde do día.

Ao inicio da reunión elixirase entre os asistentes un moderador/a que dirixa os debates, procurando que teña carácter rotatorio.

De cada reunión levantarase a correspondente acta na que se faga constar os acordos aprobados e o número de votos a favor e en contra. As actas serán publicadas na web de BETANZOS NOVO.

7. BETANZOS NOVO colaborará con outras iniciativas de unidade popular e cidadán da comarca coas que comparta os mesmos principios e valores democráticos.