CÓDIGO ÉTICO

Código ético

Todos as persoas que forman parte desta candidatura comprometémonos expresamente a:

  • Defender a aplicación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos
  • Defender o cumprimento do programa de goberno desta candidatura.
  • Limitar o seu mandato ou permanencia no cargo a dous períodos de catro anos consecutivos, sen posibilidade de ampliación para garantir a renovación dos equipos e das ideas.
  • Non acceder durante a permanencia na Corporación municipal e durante o período mínimo de 5 anos desde a finalización do mandato a ningún cargo de responsabilidade en empresas creadas, reguladas, supervisadas, ou que foran beneficiaras dun contrato ou dunha subvención efectuado por calquera organismo municipal, dentro do ámbito e/ou sector onde desenvolveu a súa función representativa.
  • Abandonar voluntariamente e inmediatamente o seu cargo no caso de que un referendo de revogación así o determine.
  • Render contas da súa actuación ante a cidadanía, mediante instrumentos presenciais e telemáticas, asemblearios, democráticos e abertos a todos.
  • Dar cada 6 meses explicacións da xestión que se fai dende o goberno ou oposición mediante unha asemblea aberta.
  • Renunciar de forma inmediata ao cargo, por petición da Asemblea de BETANZOS NOVO, ante a acusación polos Tribunais de Xustiza, cumpridamente xustificada, de delitos relacionados coa corrupción, prevaricación con ánimo de lucro, tráfico de influencias, enriquecemento inxusto con recursos públicos o privados, confeito, malversación e apropiación de fondos públicos, ben sexa por interese propio ou para favorecer a terceiras persoas. Así como tamén en casos de acusación xudicial xustificada por delitos de racismo, xenofobia, violencia de xénero, homofobia ou outros delitos contra os dereitos humanos.
  • Facer públicas as axendas do alcalde e dos membros do equipo de goberno para facer visible con quen se reúnen e os temas que se tratan.
  • Garantir a participación da cidadanía nas decisións relevantes ou que teñan un impacto significativo no ámbito económico, urbanístico, ambiental ou social.
  • Doar parte dos ingresos recibidos como grupo municipal a diferentes asociacións seguindo uns criterios xustos que teñan en conta a base social, labor educativa ou actividade e promoción de Betanzos.
  • Empregar de maneira preferente a lingua galega nas súas intervencións públicas.
  • Explicitar calquera conflito de intereses no desempeño das súas funcións e absteranse de intervir en calquera deliberación ou toma de decisións cando concorran estas circunstancias
  • Os cargos electos de BETANZOS NOVO son incompatibles co desempeño de cargos ou responsabilidades orgánicas nas organizacións políticas e sindicais.
  • Os cargos electos comprométense a que calquera pacto previo ou posterior ás eleccións con outra formación política será sometido previamente á previa consulta cidadán na que poderán votar aquelas persoas que teñan participado nas eleccións primarias abertas de BETANZOS NOVO.
  • Limitación salarial: as retribucións dos cargos electos non poderán superar en ningún caso as fixadas nos orzamentos para os funcionarios do nivel superior da Administración pública.
  • Presentar a declaración de actividades e intereses do alcalde e dos membros do goberno municipal, referida a calquera actividade, negocio, empresa ou sociedade pública ou privada que desenvolvan por si ou mediante substitución ou apoderamento e que lles proporcione ou poida proporcionar ingresos económicos ou nos cales teñan participación ou intereses.
  • Presentar a declaración de bens patrimoniais do alcalde e dos membros do goberno municipal, referida aos que integren o patrimonio do interesado, comprensiva da totalidade dos seus bens, dereitos e obrigacións

Revogación dos cargos electos.

Os electores poderán revogar ao alcalde ou a calquera dos concelleiros elixidos formando parte da candidatura de BETANZOS NOVO. O proceso de revogación será individual para cada cargo electo.

Será condición indispensable para iniciar o proceso de revogación que teñan transcorrido como mínimo dous anos desde a toma de posesión no cargo.

Proceso de revogación:

a) A iniciativa de revogación require o apoio mínimo do 25% das persoas afiliadas a BETANZOS NOVO.

b) A iniciativa deberá ser aprobada pola Asemblea de BETANZOS NOVO convocada para o efecto con este único punto na orde do día.

c) A proposta de revogación será sometida a votación cidadán na que poderán participar todas as veciñas e veciños de Betanzos maiores de 16 anos e os membros de BETANZOS NOVO.

d) A revogación só prosperará se participan na votación, como mínimo 500 persoas e votan a favor da revogación máis do 51% dos votos validamente emitidos.

Aprobada a revogación, o alcalde ou concelleiro revogado deberá presentar de xeito inmediato a súa dimisión irrevogable como membro da Corporación municipal, sen dilación nin escusas de ningún tipo. En cambio, se a revogación resultara rexeitada non poderá iniciarse un novo proceso de revogación fronte á mesma persoa.