PRIMARIAS ABERTAS 2015

María Isabel Pereira Varela

A compañeira María Isabel Pereira Varela, tivo  a ben renunciar á posibilidade de ser candidata na Lista Electoral de Betanzos Novo por motivos Persoais.

Continuará a traballar co grupo na organización da campaña electoral dentro das súas posibilidades.

RESULTADOS PROVISORIOS DE ELECCIÓNS PRIMARIAS ABERTAS

Realizamos comunicación dos resultados do escrutinio da votación nas Eleccións Primarias Abertas Á Cidadanía de Betanzos Novo.No proceso de eleccións primarias están establecidos os días 29 e 30 para a realización de reclamacións, que serán atendidas pola Comisión de Eleccións Primarias.

O día 31 de marzo producirase a resolución de reclamacións e proclamación da Candidatura Cidadá coa que Betanzos Novo concurrirá ás vindeiras eleccións municipais.
_
Manolo Calo, Xabier Janeiro e Moncho Bouzas.
Comisión de Primarias Abertas á Cidadanía de Betanzos Novo.Resultados da Votación

 

CANDIDATO A ALCALDE

PRESENTACIÓN HIPOLITO PEREZ NOVO

 

PRESENTACIÓN HIPOLITO PEREZ NOVO

 

 

 

CANDIDATOS A CONCELLEIROS

 

PRESENTACIÓN OSCAR XOSE FERNANDEZ BARGE

 

 

 

PRESENTACIÓN OSCAR XOSE FERNANDEZ BARGE

 

 

PRESENTACIÓN JOSE ANTONIO LOPEZ GONZALEZ

 

 

 

 

 

PRESENTACIÓN JOSE ANTONIO LOPEZ GONZALEZ

 

PRESENTACIÓN MARIA ISABEL PEREIRA VARELA

 

 

 

 

 

PRESENTACIÓN MARIA ISABEL PEREIRA VARELA

PRESENTACIÓN PATRICIA TEIJEIRO BARGE

 

 

 

PRESENTACIÓN PATRICIA TEIJEIRO BARGE

 

 

 

PRESENTACIÓN ANA ISABEL TOME MORANDEIRA

 

 

 

 

 

PRESENTACIÓN ANA ISABEL TOME MORANDEIRA

 

 

PRESENTACIÓN XOSE FRANCISCO VALES FERNANDEZPRESENTACIÓN XOSE FRANCISCO VALES FERNANDEZ

 

PRESENTACIÓN JOSE ANTONIO VALVERDE MORAN

 

 

PRESENTACIÓN JOSE ANTONIO VALVERDE MORAN

 

 

 

 

 

 

 

 GUÍA DE PREGUNTAS FRECUENTES

GUIA DE PREGUNTAS FRECUENTES PRIMARIAS BETANZOS NOVO

GUIA DE PREGUNTAS FRECUENTES PRIMARIAS BETANZOS NOVO

BetanzosNovo2_598x600

Guía para a participación no proceso de eleccións primarias abertas á cidadanía.

GUIA DE PARTICIPACIÓN DEFINITIVO

QUE SE ELIXE?

Escóllense as persoas que integrarán a Candidatura Cidadá de Betanzos Novo nos primeiros 9 postos.

QUEN PODE VOTAR?

Toda persoa maior de 16 anos que sexa natural ou residente en Betanzos ou cidadá participante en Betanzos Novo.

QUEN PODE SER CANDIDATO NAS PRIMARIAS?

Calquera persoa que cumpra os seguintes requisitos:

-Ter dereito a ser elixible segundo a lexislación electoral vixente.

-Ser natural ou veciña de Betanzos ou cidadá participante en Betanzos Novo.

-Comprometerse por escrito a cumprir o compromiso ético e o programa electoral de Betanzos Novo.

A forma de presentarse pode ser individualmente ou como equipo. Os equipos non están obrigados a presentar unha lista completa de persoas candidatas. En todo caso, as listas serán abertas, é dicir, os electores poderán desmarcar ou marcar nominalmente cada candidato/a libremente.Os cidadáns e cidadás poderán optar tamén por presentarse individualmente.

As candidaturas para encabezar a lista electoral serán en todo caso unipersoais. Se a persoa candidata a encabezar a lista quere optar tamén a ser candidata a concelleiro/a para o caso de non ser electo como candidata á alcaldía, deberá indicalo expresamente.

QUEN CONTROLA O PROCESO?

A Comisión de Eleccións Primarias Abertas á Cidadanía avalada pola Asemblea Cidadá. A esta comisión compételle recibir as candidaturas, analisar que cumpran os requisitos e publicar a listaxe de persoas que se candidatan coa súa foto e texto de presentación. Tamén é da súa competencia facilitar os medios dispoñibles para que todas as persoas que concorren ás primarias teñan acceso a eles en condicións iguais e organizar a votación telemática e presencial en urna. Finalmente será a encargada de facer público o escrutinio.

COMO SE VOTA?

-Exercicio do dereito a voto vía telemática a través de AGORA VOTING con censo aberto.

-Exercicio do dereito a voto en urna instalada na Salón Azul.

CAL É A MECÁNICA DO VOTO?

Haberá unha papeleta única na que se listarán todas as persoas que opten a formar a candidatura cidadá e todas as persoas que opten a ser alcaldable.Cada votante marcará na papeleta se respalda ou non á persoa alcaldable e un máximo de 7 nomes.

COMO SE TRADUCEN OS VOTOS Á LISTA ELECTORAL?

Unha vez rematada a votación, a Comisión de Eleccións Primarias Abertas á Cidadanía fará o escrutinio e ordeará ás persoas candidatas de acordo co número de votos en que foi marcada cada unha, coa única corrección de xénero se fose necesario.

CAL É O CALENDARIO DESTE PROCESO DE PRIMARIAS CIDADÁS?

Do 16 ao 20: Inscrición de persoas candidatas ás primarias.

Do 20 ao 22: Prazo para reclamacións de persoas candidatas.

Do 22 ao 27: Votación telemática mediante AGORA VOTING.

Sábado 28: Votación en urna de 12:00h. a 14:00h. e de 18:00h a 20:00h, escrutinio e publicación de resultados electorais.

Día 29 e 30 de Marzo: Prazo para reclamacións de persoas candidatas e electoras

31 de Marzo: Resolución de reclamacións e Proclamación da Candidatura Cidadá.

DOCUMENTOS DE PARTICIPACIÓN

INSCRIPCIÓN PRIMARIAS INSCRIPCIÓN PRIMARIAS

INSCRIPCIÓN PRIMARIAS ALCALDABLEINSCRIPCIÓN PRIMARIAS ALCALDABLE

GUIA DE PARTICIPACIÓN DEFINITIVOGUIA DE PARTICIPACIÓN DEFINITIVO

PAUTAS A PERSOAS CANDIDATASPAUTAS A PERSOAS CANDIDATAS

 

BASES REGULADORAS DAS ELECCIÓNS PRIMARIAS ABERTAS

1. Participación cidadán

  1. Os candidatos e candidatas que conformarán a lista de BETANZOS NOVO ás eleccións municipais de 2015 serán elixidos polos cidadáns de forma directa e libre co seu voto.

2. Electores

Poderán votar nas eleccións primarias abertas as persoas maiores de 16 anos que sexan naturais ou veciñas de Betanzos e compartan os principios políticos de BETANZOS NOVO e, en todo caso, os afiliados de BETANZOS NOVO.

Para exercer o dereito a voto será imprescindible inscribirse no censo de electores que levará a Comisión de Control Electoral.

3. Candidatos.

Poderán inscribirse como candidatos nas eleccións primarias abertas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  1. - Ter dereito a ser elixible segundo a lexislación electoral vixente
  2. - Ser natural ou veciño de Betanzos ou ser afiliado de BETANZOS NOVO
  3. - Comprometerse por escrito a cumprir o compromiso ético e o programa electoral de BETANZOS NOVO

Non poderá presentarse ás eleccións primarias ningún afiliado dun partido político que compita nas mesmas eleccións con esta candidatura. Tampouco poderá ser candidato ningunha persoa cuxa traxectoria política ou vital sexa manifestamente incompatible cos PRINCIPIOS POLÍTICOS DE BETANZOS NOVO ou co CÓDIGO ÉTICO DE BETANZOS NOVO.

4. Comisión de Control Electoral.

Estará formada por tres persoas nomeadas polo Grupo de Traballo de BETANZOS NOVO. O nomeamento non poderá recaer en ningún candidato ás eleccións primarias.

A Comisión de Control Electoral está encargada de velar pola limpeza do proceso electoral, de elaborar o censo de electores, de verificar que os candidatos ás eleccións primarias reúnan todos os requisitos establecidos nestas Bases e de resolver cantas incidencias se produzan no proceso de eleccións primarias abertas.

Todas as decisións da Comisión de Control Electoral poderán ser impugnadas por calquera dos candidatos no prazo de dous días desde que sexan publicadas na páxina web de BETANZOS NOVO. A decisión final que adopte a Asemblea de BETANZOS NOVO será inapelable.

5. Candidaturas

A forma de presentarse pode ser individualmente ou como equipo. Os equipos non están obrigados a presentar unha lista completa de candidatos. En todo caso, as listas serán abertas, é dicir, os electores poderán desmarcar ou marcar nominalmente cada candidato/a libremente.

Os cidadáns poderán optar tamén por presentarse individualmente.

As candidaturas para encabezar a lista electoral serán en todo caso unipersoais. Se o/a candidato/a encabezar a lista quere optar tamén a ser candidato a concelleiro para o caso de non ser electo como candidato á alcaldía, deberá indicalo expresamente.

Abrirase un prazo de 4 días para inscribir as candidaturas ante a Comisión de Control Electoral.

6. Proclamación de candidatos/as

Unha vez revisado o cumprimento de todos os requisitos por parte da Comisión de Control Electoral proclamarase a lista de candidatos/as.

A lista de candidatos será publicada na páxina web de BETANZOS NOVO facendo constar o nome e apelidos de cada candidato, unha fotografía recente e unha breve presentación do candidato.

Prohíbense os gastos electorais para promover a calquera candidato.

7. Votación.

O voto poderá emitirse por correo electrónico ou de modo presencial en mesa electoral.

Cada elector poderá outorgar o seu voto a favor dun só candidato para encabezar a lista electoral.

A elección do resto dos candidatos realizarase por listas abertas, nas que cada elector poderá mostrar a súa preferencia tanto polos candidatos/as de listas distintas como por candidatos/as que non se teñan presentado agrupados por listas. En todo caso, cada elector poderá outorgar o seu voto a favor dun máximo de 7 candidatos.

8. Proclamación de candidatos ás eleccións municipais.

Proclamaranse elixido/a para encabezar a lista á persoa candidata que obteña máis da metade dos votos emitidos. Se ningún dos candidatos a encabezar a lista acada os votos suficientes deberá realizarse unha segunda votación entre os dous primeiros candidatos/as.

Así mesmo, proclamaranse elixidos os/as candidatos/as máis votados para ocupar os 16 postos restantes da candidatura, independentemente do equipo ao que pertenzan, sempre que obteñan como mínimo o 5% dos votos válidos, coa corrección de xénero de forma que no conxunto da lista os candidatos de cada un dos sexos supoñan como mínimo o 40%, cumprindo en todo caso o establecido na lexislación electoral.

Calquera dos elixidos poderá renunciar ao seu posto na lista e pasar ao final da mesma se o desexa.

En igualdade de votos entre candidatos da mesma lista electoral atenderase á orde na que figuran relacionados na lista de que formen parte, se é o caso. Cando se trate de candidatos de listas diferentes, decidirase por sorteo efectuado pola Comisión de Control Electoral.

No suposto de que quedaran postos vacantes, por falta de candidatos suficientes ou por non obter o mínimo do 5% dos votos válidos, o Grupo de Traballo de BETANZOS NOVO elaborará unha proposta consensuada para cubrir as vacantes que será sometida á decisión final da Asemblea.

A lista de titulares da candidatura de BETANZOS NOVO será completada con persoas de consenso que coa súa proxección pública avalen o proceso. Con este fin serán reservados os postos de suplente

9. Coordinador de campaña electoral.

O Grupo de Traballo nomeará, de entre os seus membros, un responsable de impulsar e coordinar a campaña electoral de BETANZOS NOVO.

10. Rendición de contas.

O alcalde e os concelleiros elixidos nas eleccións municipais formando parte da candidatura de BETANZOS NOVO deberán render contas da súa xestión, e para tal efecto estarán obrigados a:

  1. a) Impulsar o cumprimento do programa electoral de BETANZOS NOVO
  2. b) Cumprir estritamente o compromiso ético de BETANZOS NOVO.
  3. c) Dar conta ante a Asemblea de BETANZOS NOVO das xestións realizadas e do grao de cumprimento do programa electoral, como mínimo unha vez ao ano e en todo caso cando lle sexa solicitado polo Equipo Coordinador de BETANZOS NOVO
  4. d) Someterse a consulta revogatoria nas condicións sinaladas no apartado seguinte destas bases

11. Revogación

Os electores poderán revogar ao alcalde ou a calquera dos concelleiros elixidos formando parte da candidatura de BETANZOS NOVO. O proceso de revogación será individual para cada cargo electo.

Será condición indispensable para iniciar o proceso de revogación que teñan transcorrido como mínimo dous anos desde a toma de posesión no cargo.

Proceso de revogación:

  1. a) A iniciativa de revogación require o apoio mínimo do 25% das persoas que exerceron o dereito a voto nas eleccións primarias abertas.
  2. b) A iniciativa deberá ser aprobada pola Asemblea de BETANZOS NOVO convocada para o efecto con este único punto na orde do día.
  3. c) A proposta de revogación será sometida a votación cidadán na que poderán participar todas as veciñas e veciños de Betanzos maiores de 16 anos e os membros de BETANZOS NOVO.
  4. d) A revogación só prosperará se participan na votación, como mínimo 500 persoas e votan a favor da revogación máis do 51% dos votos validamente emitidos.

Aprobada a revogación, o alcalde ou concelleiro revogado deberá presentar de xeito inmediato a súa dimisión irrevogable como membro da Corporación municipal, sen dilación nin escusas de ningún tipo.

En cambio, se a revogación resultara rexeitada non poderá iniciarse un novo proceso de revogación fronte á mesma persoa.