BETANZOS NOVO INICIA O PROCESO DE PRIMARIAS ABERTAS

BETANZOS NOVO inicia o proceso de primarias abertas. Neste proceso poderáse inscribir calquera persoa veciña ou relacionada con Betanzos nun sentido amplo de mais de 16 anos.

QUE SE ELIXE?

Escóllense as persoas que integrarán a Candidatura Cidadá de Betanzos Novo nos primeiros 9 postos.

QUEN PODE VOTAR?

Toda persoa maior de 16 anos que sexa natural ou residente en Betanzos ou cidadá participante en Betanzos Novo.

QUEN PODE SER CANDIDATO NAS PRIMARIAS?

Calquera persoa que cumpra os seguintes requisitos:

-Ter dereito a ser elixible segundo a lexislación electoral vixente.

-Ser natural ou veciña de Betanzos ou cidadá participante en Betanzos Novo.

-Comprometerse por escrito a cumprir o compromiso ético e o programa electoral de Betanzos Novo.

A forma de presentarse pode ser individualmente ou como equipo. Os equipos non están obrigados a presentar unha lista completa de persoas candidatas. En todo caso, as listas serán abertas, é dicir, os electores poderán desmarcar ou marcar nominalmente cada candidato/a libremente.

Os cidadáns e cidadás poderán optar tamén por presentarse individualmente.

As candidaturas para encabezar a lista electoral serán en todo caso unipersoais. Se a persoa candidata a encabezar a lista quere optar tamén a ser candidata a concelleiro/a para o caso de non ser electo como candidata á alcaldía, deberá indicalo expresamente.

 Documentos de inscripción e instruccións

CALENDARIO DESTE PROCESO DE PRIMARIAS CIDADÁS

Do 16 ao 20: Inscrición de persoas candidatas ás primarias.

Do 20 ao 22: Prazo para reclamacións de persoas candidatas.

Do 22 ao 27: Votación telemática mediante AGORA VOTING.

Sábado 28: Votación en urna de 12:00h. a 14:00h. e de 18:00h a 20:00h, escrutinio e publicación de resultados electorais.

Día 29 e 30 de Marzo: Prazo para reclamacións de persoas candidatas e electoras

31 de Marzo: Resolución de reclamacións e Proclamación da Candidatura Cidadá.

Te gusta? Compártelo!
Publicado en: Blog, Novas