BETANZOS NOVO propón apoiar entre todos o salvamento do Pasatempo

2017-03 Pasatempo Derrumbe

Dende BETANZOS NOVO cremos que o futuro da cidade dependerá en grande medida da xestión intelixente e posta en valor do inmenso patrimonio que atesoura Betanzos.

A destrución, o deterioro, o abandono e a mala xestión do valioso patrimonio natural e cultural que nos legaron as nosas xeracións pasadas é unha das causas da decadencia da nosa vila, e o grupo gobernante ten unha responsabilidade absoluta nelo.

Por iso hai unha serie de medidas imprescindibles que deberían apoiar todos os grupos municipais:

– Declaración como Ben de Interese Cultural

– Elaboración do Plan de Restauración e Xestión Integral do Pasatempo.

– Publicación na Web Municipal do informe técnico encargado para que todos teñamos acceso a esa información.

– Convocatoria da “Comisión Informativa de Seguimento das actuacións no Parque do Pasatempo” (creada no 2016 pero que a alcaldía decideu non reunila nunca).

– Execución das obras de emerxencia.

– Asinatura dun convenio de colaboración entre Concello, Xunta e Deputación.

Lembramos que tres diputados de En Marea visitaron o parque para denunciar o seu estado e levar a iniciativa da súa conservación ao Parlamento de Galicia o pasado mes de febreiro.

Te gusta? Compártelo!
Publicado en: Novas, Prensa