En Marea: Segunda Forza en Betanzos

2016-09 EnMarea - logoBetanzos Novo felicítase polo resultado de En Marea na nosa localidade. Esta alternativa era a apoiada por Betanzos Novo e na que se participou de xeito individual todos os que así o decidiron. Como grande éxito queda o de convertirse na segunda forza na nosa vila nunhas eleccións tan importantes. Entendemos que ven supoñer unha base para que en vindeiras eleccións se consume a existencia dunha alternativa tamén na nosa vila a gobernos que levaron a Betanzos á decadencia actual.

Estimamos por contra como negativa a persistencia dun goberno conservador como o do PP en Galicia que non trouxo mais que emigración da mocidade e estancamento económico e político a traverso de medidas contrarias ao ben común de todos os galegos.

Por outro lado reafirmamos o noso proxecto e a vixencia de En Marea como punto de encontro de todos aqueles que queremos unha alternativa consistente ás políticas erradas da dereita deste pais.

Te gusta? Compártelo!
Publicado en: Novas, Prensa